Sobre Meredith
Boas,
benvid@s a esta páxina de contos e contiños. Chámome Meredith e cheguei de Irlanda hai uns anos a esta illa, e xa quedei namorada ...
Gústame a música e a fotografía, a poesía e as historias, tanto as certas como aquelas das lendas, pero para escribir apenas me atrevo cos contos e contiños ... de momento!
Poderedes atopar palabras e imaxes, non sempre relacionados, non sempre enfiados, pero sempre serán froito de emoción e sentimento, sempre serán fillos da illa corazón!
unha aperta,
Meredith